Espectáculos

Espectáculos

Últimos espectáculos

Neofalante

Luis con este espectáculo, quere festexar os seus “20 anos vivindo en galicia”…. e convida a todas aquelas persoas que tiveron como primeira lingua o castelán a gozar das vantaxes de ser “Neofalante”  e gozar dese modo das experiencias que nos ofrece o idioma de Rosalia de Castro, Álvaro Cunqueiro, Luisa Villalta, e tantas outras…

A Igualdade non ten idade

Nun futuro non moi lonxano…LUIS ten a oportunidade de contar cómo as rapazas e rapaces do seu tempo, foron capaces de cambiar o mundo axudando ás persoas maiores a comprender o que verdadeiramente era a igualdade.

Selkie “A Lenda do Mar do Norte”

……arrolada pola incontida forza do mar do Norte. A costa é acariñada pola auga e a terra sacudida polo vento que da tormenta emerxe…Amor-odio entre os que habitan a rexión e aqueles que o mar protexe.

Unha de Fadas,Trasgos e Dragóns!

Nesta historia de Fadas, Trasgos e Dragóns! Nada é o que parece e cando parece que todo está perdido a nosa protagonista fará o que xamáis se viu capaz de facer…

Puppet Music Blues

Un espectáculo no que “Luís Vallecillo” un titiritero que soña con cantar ao fin una das súas cancións en público e dese modo compartila… 

Cantamos con Rosalia?

Nesta ocasión Luís quere compartir con tod@s vos como chegou a Galicia desde a súa Madrid natal, na busca dos orixenes da primeira muller que publicou un libro na historia, Rosalía de Castro. E tamén quere contarvos como nesta busqueda descubriu unha linguaxe máxica, O Gallego, o idioma no cal falan as meigas, as fadas e os trasgos.

No Camiño con “Luis”

Cantamos ó longo do camiño? “Luis” e a súa banda comezan unha viaxe de contos, xogos e moita música na que percorren historias nun escenario móbil cheo de sorpresas e diversión.

Cantares Das Letras Galegas

Nesta ocasión,  tamén faremos un percorrido pola historia das Letras Galegas, lembrando a autores de anteriores anos e, por suposto, a razón pola que cada ano festexamos esta data. 

Cantamos con Luis! en galego!

A historia de duas nenas “Carme e Sara” ás que lles encanta a música e máis os contos e descobren, a través do seu Pai, que os contos se poden cantar!

Skip to content